A tenda O Falsete

O Falsete é exposición e tenda, onde artesanía, tradición e deseño xúntanse para crear pezas de barro únicas. En O Falsete contamos con todo tipo de artigos feitos a man, desde pezas tradicionais ata pezas de deseños e utilidades distintas como obxectos decorativos, bixutería, lampadas, etc.
 

Que é un falsete?

É unha xerra típica para gastar bromas nas reunións festivas ou tabernas. Presenta una serie de buracos que dificultan o seu uso, sendo necesario coñecer o seu truco (que evidentemente eu non vos vou revelar). A súa elaboración e complicada. É unha peza divertida e das primeiras na tradición oleira de Buño.

A Olería de Buño

A Oleiría de Buño foi galardoada coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (2008) e conta con máis de 400 anos de historia.

Carmen Isabel

Carmen Isabel foi a primeira muller oleira de Buño ademais de ser a actual presidenta da Asociación Oleira de Buño. É unha oleira autodidacta, e diu pulo e practicismo ao barro, artellando pezas de uso comercial e decorativo de cada vez maior presenza. Carácter e singularidade na cor son dúas das súas características.

O obradoiro

Demostracións gratuítas no obradoiro, previa cita, en horario comercial. Contactar conosco para concertar a visita.
1 / 1