Programa ‘Xente con xente’ en Buño

Capítulo 18, "Oficios tradicionais de Baio, Buño e Dornelas" 10/12/2012.

Capítulo 18, “Oficios tradicionais de Baio, Buño e Dornelas” 10/12/2012.

Esta é a nosa aparición no programa “Xente con Xente” da TVG!

Neste capítulo móstranse tres lugares fortemente marcados polos seus oficios tradicionais en Baio, para ver como traballan o liño, a Buño, para coñecer a olería, e a Dornelas, para saber como se ferra un cabalo como é debido.

No minuto 2:13 é cando empeza a parte da reportaxe da Olería de Buño, e a partir do minuto 7:26  é cando sae Carmen Isabel e a nosa tenda O Falsete, pero recomendamos velo enteiro porque merece moito a pena.

Fonte: www.crtvg.es/tvg/a-carta/xente-con-xente-artesans