“Onde Vai a Xente” en Buño

A TVG visita de novo a Olería de Buño, guiada por Carmen Isabel. (2014-05-18)

A TVG visita de novo a Olería de Buño, guiada por Carmen Isabel. (2014-05-18)

2014-05-18-crtvg

Así presentaban este novo capítulo:

“O programa ‘Onde Vai a Xente’ viaxará a Buño, que se atopa no triángulo formado por Carballo, Agualada e Ponteceso. O seu nome escríbese con barro na historia de Galicia, grazas á súa artesanía inconfundible.

Os oleiros de Buño son asociación desde hai algo máis dunha década, durante a que trataron e tratan de manter viva a tradición artesá da zona, sen perder de vista a actualización en canto a estilos e cores, acorde cos tempos que corren.

Os oleiros de Buño son artesáns de oficio centenario, homes e mulleres artellando no pouso humilde dos obradoiros repartidos polos rueiros. Orixinariamente recorrían ao traballo do barro como sustento, para espantar a fame familiar, cambiando as vasillas e olas por produtos do campo.

Os espectadores verán como a innovación nos deseños das pezas de olería de Buño é un feito, grazas á incorporación da cor a través de esmaltes e á diversificación da súa produción, que son os piares para poder manter viva a súa profesión e a súa paixón.”

 

Fonte: www.crtvg.es/tvg/programas/onde-vai-a-xente/

1 / 1