Tenda online

Alfarería Artesanal “O Falsete”, en Buño, Malpica de Bergantiños
Cadro de miradas
22 Novembro, 2015
Alfarería Artesanal “O Falsete”, en Buño, Malpica de Bergantiños
Pousavasos
22 Novembro, 2015
Mostrar tudo
Alfarería Artesanal “O Falsete”, en Buño, Malpica de Bergantiños

Tres en raia (Pai fillo nai)

 16,00


Hai existencias (pode reservarse)

Categorías: , . Etiquetas: , , .

Compra segura

  • 1 Taboleiro de 18x18cm.
  • 6 Pezas en dúas cores de 4cm. de alto.

Pai fillo nai é un xogo popular, tamén coñecido por pai-fillo-nai ou tres en raia, que se xoga nun taboleiro real, debuxado ou imaxinario.

O obxectivo do xogo é conseguir, por medio da colocación das fichas e posteriores movementos, un aliñamento de tres do mesmo xogador, que van facendo quendas para colocar ou mover as fichas. As únicas combinacións válidas son tres disposicións horizontais, tres verticais e dúas diagonais. Cando se logra o obxectivo o gañador avisa ao outro xogador dicindo Pai, fillo, nai!, que é de onde lle vén o nome ao xogo.

Hai varias modalidades de xogo. Na máis habitual as fichas póñense ata encher o taboleiro e non poden moverse. Noutra, cada xogador conta con tres fichas e, unha vez están as tres colocadas, van alternativamente cambiando a posición unha a unha para ocupar outro lugar baleiro.

É un xogo infantil de grande utilidade na formación do neno, xa que as posibilidades de colocación das fichas son limitadas pero moi variables. Con este xogo ensínaselle:

  • que mesmo dentro das normas sociais (e da realidade), existen sempre moitas alternativas;
  • que as decisións dun momento (colocacións) poden afectar ás situacións futuras;
  • visión espacial;

A dinámica do xogo apréndese con facilidade para o nivel intelectual dun neno e a súa práctica ten un evidente valor pedagóxico para as matemáticas e a xeometría.

Dimensións 18 × 18 × 7 cm