A historia de Carmen Isabel
Primeira oleira muller de Buño
O protagonismo creativo do feminino na olería de Buño veu da man desta oleira autodidacta. Deu pulo e practicismo ó barro, artellando pezas de uso comercial e decorativo de cada vez maior presenza. Carácter e singularidade na cor son dúas das súas características.
Tenda online
25 anos, 400 deseños
Durante 25 anos, a oleira Carmen Isabel elaborou sobre 400 deseños artesanais, dos cales existen en tenda 35 deseños diferentes, coas súas variacións. Todos eles están baixo a Denominación Protexida Olería de Buño.
Tradicional e moderno
As nosas pezas son de tradición pero tamén de liña creativa, cun carácter máis moderno ou rexerador.
Cada peza é única
Este é un produto artesán e exclusivo de Carmen Isabel. Cada peza é única, pois ao seren feitas a man todos teñen as súas pequenas diferencias e, polo tanto, o seu carácter propio.